Torneo Internacional Viravolta Jael
- Rítmica Arnela
- 11 nov 2025
- 1 Min. de lectura
O 25 de outubro o Club Arnela participou no IV Torneo Internacional Viravolta Jael, celebrado en Santiago de Compostela.

Nesta ocasión a nosa ximnasta Sofía López foi a encargada de representarnos, completando un gran exercicio que lle valeu o 10º posto nunha competición con clubs de toda España.
Unha nova experiencia que suma motivación e aprendizaxe para Sofía, que seguirá desfrutando da ximnasia e preparando con ilusión a súa participación na Copa Base de Madrid.




Comentarios