top of page

Sofía López debuta na Copa Base 2025

Sofía López na Copa Base 2025
Sofía López na Copa Base 2025

A pasada fin de semana, o Club Arnela viviu unha xornada moi especial coa participación de Sofía López na Copa Base, celebrada no Polideportivo de Gallur (Madrid). Un evento enorme, cun ambiente vibrante, onde cada exercicio supón un reto e unha aprendizaxe.

Sofía realizou o seu exercicio con valentía e ilusión, nunha competición de altísimo nivel. Aínda que non foi o seu mellor día e cometeu máis fallos dos habituais, finalizou nun 90 posto

. O verdadeiro valor desta experiencia está no camiño percorrido ata aquí e as aprendizaxes que nos acompañaron.

Para o club, a súa participación xa é un motivo de orgullo. Competir nun escenario coma este, lonxe da casa, fronte a tantas ximnastas e ante un público tan numeroso, é unha vivencia que marca e que suma. Estas experiencias sempre suman, constrúen carácter e madurez deportiva.

Sofía regresa agora con novas aprendizaxes, novos retos e a cabeza posta en seguir mellorando cada día. O importante é o camiño, e este só acaba de empezar. 💙✨

 
 
 

Entradas recientes

Ver todo
✨ Arnela Camp ✨

Seguimos preparando unha edición moi especial do noso campus e este verán contaremos con ximnastas, conxuntos e masterclass de moitísimo nivel. Ao longo das últimas semanas fomos desvelando nas redes

 
 
 

Comentarios


LOCALIZACIÓNS
Vilaboa
: Polideportivo do Toural
Moaña: Ximnasio CEIP Quintela
Cangas: Pavillón de Castrillón-Coiro
Anpas: pregunta no teu cole se o Club Arnela imparte clases 

Mail: ritmicaarnela@gmail.com
Tel: 649 599 386

Xunta
Concello de Vilaboa

CONCELLO
DE VILABOA

Deputación
logo club arnela
Patrocinador Arnela
Patrocinador Arnela
bottom of page