top of page

Luna, Delia e Sofía no Nacional Base de Oviedo

Do 14 ao 19 de abril, as nosas ximnastas Delia García, Luna Angulo e Sofía López participaron no Campionato de España Base Individual, celebrado en Oviedo.

Sofía competiu na categoría infantil, mentres que Delia e Luna participaron na categoría alevín, vivindo así unha semana moi especial nun dos campionatos máis importantes da tempada.

Ao longo destes días puideron desfrutar da experiencia de asistir este evento, compartir momentos xuntas fóra do tapiz e seguir sumando aprendizaxes nunha competición de gran nivel, con ximnastas chegadas de toda España.

Máis alá dos resultados, este campionato deixa novas experiencias, motivación e moitas ganas de seguir traballando e medrando dentro da ximnasia rítmica 💙



 
 
 

Entradas recientes

Ver todo
✨ Arnela Camp ✨

Seguimos preparando unha edición moi especial do noso campus e este verán contaremos con ximnastas, conxuntos e masterclass de moitísimo nivel. Ao longo das últimas semanas fomos desvelando nas redes

 
 
 

Comentarios


LOCALIZACIÓNS
Vilaboa
: Polideportivo do Toural
Moaña: Ximnasio CEIP Quintela
Cangas: Pavillón de Castrillón-Coiro
Anpas: pregunta no teu cole se o Club Arnela imparte clases 

Mail: ritmicaarnela@gmail.com
Tel: 649 599 386

Xunta
Concello de Vilaboa

CONCELLO
DE VILABOA

Deputación
logo club arnela
Patrocinador Arnela
Patrocinador Arnela
bottom of page