top of page

✨ Arnela Camp ✨



Seguimos preparando unha edición moi especial do noso campus e este verán contaremos con ximnastas, conxuntos e masterclass de moitísimo nivel.

Ao longo das últimas semanas fomos desvelando nas redes sociais algunhas das convidadas que nos acompañarán no Arnela Camp:

• Lola Ferro: Campioa e subcampioa de España, con medallas en Liga Iberdrola, Copa da Raíña e podios internacionais.

• Conxunto de 1ª categoría do Ximnasia Porriño: 4ª de España, recentemente ascendidos á máxima categoría nacional e veñen de acadar un bronce en primeira categoría!

• Lucía Villanueva: 7ª de España e vixente campioa galega.

• Mara Varela: 4ª de España en conxunto e 8ª de España individual entre 159 ximnastas.

• Iván Gutiérrez: Dúas veces campión de España e subcampión de España por autonomías.

• Carlota Millán: Bicampioa de España Liga Iberdrola promoción conxuntos e Top 10 nacional.

Durante o campus traballaremos técnica corporal, aparellos, preparación física, expresión e danza, pero tamén haberá convivencia, actividades especiais e moitas máis sorpresas por descubrir.

📅 Do 29 de xuño ao 3 de xullo

🕙 De 10:00 a 13:30

📍 Vilaboa 👧 Desde 6 anos (sen límite de idade)

💶 130€ (prazas moi limitadas)

📲 Inscricións abertas na ligazón da biografía.

Seguiremos desvelando máis novidades moi pronto. 👀💙

 
 
 

Comentarios


LOCALIZACIÓNS
Vilaboa
: Polideportivo do Toural
Moaña: Ximnasio CEIP Quintela
Cangas: Pavillón de Castrillón-Coiro
Anpas: pregunta no teu cole se o Club Arnela imparte clases 

Mail: ritmicaarnela@gmail.com
Tel: 649 599 386

Xunta
Concello de Vilaboa

CONCELLO
DE VILABOA

Deputación
logo club arnela
Patrocinador Arnela
Patrocinador Arnela
bottom of page