COPA ATLÁNTICA
- Rítmica Arnela
- 20 oct 2025
- 1 min de lectura
O Club Arnela celebra con éxito a Copa Atlántica en Lalín
O pasado 5 de outubro de 2025, o Club Arnela organizou, en colaboración co Club Escola Rosalía, a primeira edición da Copa Atlántica de ximnasia rítmica, que tivo lugar no espectacular Lalín Arena, grazas ó apoio do Concello de Lalín.
A xornada reuniu a un gran número de ximnastas e clubs de toda Galicia e mesmo doutras comunidades , ofrecendo unha marabillosa exhibición convivencia deportiva. Ademais das competicións individuais e conxuntos tanto de nivel base como de absoluto, o público puido gozar de actuacións especiais nos descansos da man da Escola Scène Ballet e da Escola Flow Artes que deron un toque artístico e dinámico ao evento.
O torneo desenvolveuse nun ambiente excepcional, cunha organización impecable e o esforzo conxunto de voluntarios, adestradoras, familias colaboradoras, sen os cales nada disto sería posible.
Dende o Club Arnela queremos agradecer especialmente a todas as persoas e entidades que fixeron posible esta edición.
Esperamos que esta sexa a primeira de moitas edicións da Copa Atlántica e que se consolide como unha cita de referencia no calendario galego. Xa estamos a pensar en novas ideas para a próxima edición, non o perdades!




Comentarios