top of page

Club Arnela

Quen somos?

Fundado en 2020, nun momento complicado de pandemia no que o deporte servía como fío de esperanza, o Club Arnela xurdiu para crear espazo seguro e ilusionante. Arrincou con  sete ximnastas e moitas ganas co obxectivo de acompañar no seu proceso deportivo a cada unha delas. 

Hoxe forman o Club Arnela máis de 120 ximnastas e un equipo estable de adestradoras que manteñen a mesma esencia: traballo, respecto e paixón pola ximnasia rítmica.

 

O noso método

No Club Arnela traballamos para que cada nena atope un lugar seguro onde medrar, aprender e desfrutar da ximnasia rítmica. Apostamos por un deporte educativo, respectuoso e adaptado a cada idade, no que a confianza e a motivación son tan importantes como a técnica.
Combinamos formación técnica e creatividade buscando que cada ximnasta avance ao seu ritmo, acompañando o seu proceso con cariño, rigor e seguimento. Para nós é fundamental que as nenas se sintan parte do equipo e que veñan con ganas a adestrar.

O equipo técnico

O equipo técnico do Club Arnela está formado por adestradoras cunha paixón común pola ximnasia rítmica e pola educación a través do deporte.
Cada unha delas aporta a súa personalidade, creatividade e compromiso para facer medrar ás ximnastas tanto a nivel deportivo como persoal.

Xuntas conforman un grupo unido, con ilusión, esixencia e moita dedicación diaria. O seu obxectivo é acompañar a cada nena no seu proceso, respectando o seu ritmo e celebrando cada pequeno logro.

Campioas galegas

Minia

Directora técnica, adestradora e coordinadora da sección de competición

Maru na  Festa de Nadal

Maru

Adestradora e coordinadora da sección da Escola Arnela

Yaiza con Delia na Copa Atlántica

Yaiza

Adestradora dos grupos de escola, precompetición e competición.

Carla, Estela, Delia e Raquel no Torneo do Club Biqueira

COMENTARIOS

AB65DCAD-4CAC-4244-827A-73EC7A7CFDFB_1_105_c_edited.jpg

As miñas fillas van felices a cada adestramento. Notamos moitísimo a súa evolución e, sobre todo, o ben que o pasan.

WhatsApp Image 2025-10-17 at 10.27.31 (2).jpeg

Entramos sen saber nada de rítmica e agora a miña filla non fala doutra cousa. O club transmítenos seguridade, coidado e profesionalidade

WhatsApp Image 2025-10-15 at 19.42.58.jpeg

Os eventos e campus están sempre moi ben organizados e as nenas e os nenos desfrutan un montón. É un club que traballa con corazón

LOCALIZACIÓNS
Vilaboa
: Polideportivo do Toural
Moaña: Ximnasio CEIP Quintela
Cangas: Pavillón de Castrillón-Coiro
Anpas: pregunta no teu cole se o Club Arnela imparte clases 

Mail: ritmicaarnela@gmail.com
Tel: 649 599 386

Xunta
Concello de Vilaboa

CONCELLO
DE VILABOA

Deputación
logo club arnela
Patrocinador Arnela
Patrocinador Arnela
bottom of page