top of page

Grupos de adestramento

No Club Arnela organizamos a ximnasia rítmica en diferentes niveis para que cada ximnasta poida gozar do deporte ó seu ritmo, segundo a súa idade e interese. O noso obxectivo é que todas se sintan parte do grupo e aprendan dentro e fóra do tapiz

Escola Arnela

Nenos e nenas dende os 3 anos
Escola en Moaña, Cangas e Vilaboa
Participan nos eventos internos do club

É o punto de partida para a maioría das ximnastas.  Aprenden os movementos básicos, a coordinación e o manexo dos aparatos, a través do xogo e a expresión corporal. Traballamos en grupos cun enfoque lúdico, pero tamén formativo, axudando a crear unha base técnica.

Ximnastas da Escola Arnela en Vilaboa

Escola Superior Arnela

Nenos e nenas máis maiores 
Escola en Moaña, Cangas e Vilaboa
Participan nos eventos do club e tamén se desprazan.
Nalgúns casos compiten.

Dirixida a ximnastas que adestran algunhas horas máis e queren seguir mellorando o seu nivel técnico. Nalgúns casos participan en competicións, mantendo un ambiente cercano e motivador. Son adestramentos un pouco máis esixentes sen perder o carácter lúdico nin o educativo.

Escola Superior en Moaña

Equipo de competición

Nenos e nenas de todas as idades
Grupo principal en Vilaboa.

Participan en campionatos autonómicos e estatais.

Nesta sección adestran as ximnastas que representan ó club nas distintas categorías oficiais: escolar, promoción, prebase e base. O traballo é máis técnico e contínuo, con seguimento individual e obxectivos adaptados a cada nivel competitivo, fomentando o esforzo, o traballo en equipo e a superación persoal 

Infantil Promoción no Torneo do Club Arousa

LOCALIZACIÓNS
Vilaboa
: Polideportivo do Toural
Moaña: Ximnasio CEIP Quintela
Cangas: Pavillón de Castrillón-Coiro
Anpas: pregunta no teu cole se o Club Arnela imparte clases 

Mail: ritmicaarnela@gmail.com
Tel: 649 599 386

Xunta
Concello de Vilaboa

CONCELLO
DE VILABOA

Deputación
logo club arnela
Patrocinador Arnela
Patrocinador Arnela
bottom of page